miércoles, 14 de diciembre de 2016

Día en contra do maltrato machista

Á hora de preparar os seus traballos en contra do maltrato machista as alumnas e os alumnos tiveron como guieiro a procura da tridimensionalidade. As profesoras do Departamento de Debuxo trataban así de achegar tan grave problema ao público escolar de ESO e Bacharelato mediante o recurso ás tres dimensións, nunha tentativa (conseguida) de ir alén da superficie plana dos labores presentados en convocatorias doutros anos para adentrase noutro tipo de produtos artísticos. Ademais da instalación no vestíbulo do edificio O Ribeiro, o noso centro participou nos actos programados para ese día polo Concello de Ribadavia. Aquí quedan, para que busquedes os vosos, os traballos dos nosos alumnos de 2º  4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato:





































 Tamén no edifico Abrente (grazas Patricia e Raquel) se celebraron actividades en contra do maltrato:
Os nosos soportes

Instalación no vestíbulo do edificio Abrente
 

Prego de Oliver

O noso alumnado, neste curso en que as bibliotecas escolares son Territorio das Artes, acudiu a Ourense a visitar a exposición sobre o artista Manuel Prego de Oliver (1915-1986) na sala Afundación da capital. As explicacións e actividades programadas polo departamento de Debuxo aproximaron a figura e a obra deste pintor senlleiro ao noso alumnado de ESO. 


Na sede de Afundación


Atendendo as explicacións sobre o pintor


Fixándose nos detalles

Continúa a visita no andar inferior



Alumnado de 3º de ESO

Detalle da mestría de Prego

A falta de mesas, ben está o piso...


Foto de grupo cos de 3º de ESO

Aproveitando a visita, desprazáronse ata a carpa instalada pola obra social de LaCaixa no Xardín do Posío para ver a exposición sobre Maxia e Ilusionismo, onde puideron experimentar varios trucos visuais deses cos que convivimos a cotío neste universo dominado pola imaxe e as pantallas.

Atentos á explicación sobre Maxia e Ilusionismo

Como se constrúe unha ilusión óptica



 

jueves, 17 de noviembre de 2016

As bibliotecas responden



O sitio web Hoja de router informa dunha curiosa iniciativa. Un grupo de profesionais de biblioteca responden preguntas dos cidadáns. Igual ca "googlear", pero con máis criterio e garantías. De feito, a xente acode a elas cando xa esgotaron a vía de "preguntar" a Google e outras dese estilo. Este equipo de bibiotecarias de referencia responde cuestións de todo tipo, con rigor e relativamente rápido. Pódenselle enviar as preguntas por correo electrónico ao seu web (Pregunte: as bibliotecas responden) e tamén atenden vía chat. Parécenos tan boa a proposta que pasamos a incorporala á nosa barra de webs preferidos, para que quede á man. Prosit!


sábado, 12 de noviembre de 2016

Biblioteca de outono

O verán de outono xa vai alá. A entrada da biblioteca do edificio Abrente loce estes días unha decoración de outono. Debémoslla outravolta ao ánimo inquieto e incansable de Raquel, que preparou esas castañas e eses lumes que anticipan os magostos que encherán os montes de xente nova (e non tan nova) esta fin de semana de novembro

Biblioteca castañeira
 

Samaín 2016 (II)

Na sala de biblioteca do edificio O Ribeiro instalamos as cabazas que tallaron os rapaces e as rapazas de 2º de ESO. A mostra puido visitarse nos recreos do mércores 26, xoves 27 e venres 28. As tebras amolaban a lectura do xornal, as partidas de xadrez e o estudo, que houbo que trasladar neses días a outros espazos, pero o resultado foi ben lindo. Velaquí vos deixamos unha selección de fotos, un a xeito de "Álbum de familia" das cabazas expostas.